CONSULTA AS BASES e INSCRICIÓN AO CERTAME AUDIOVISUAL
(Inscricións abertas do 01 de Outubro 2024 ata o 28 de Febreiro 2025)
Inscricións abertas ata o 28 de Febreiro 2025. Inscríbete aquí.
Correo electrónico de contacto: info@albertoromero.org
O certame audiovisual de curtas ‘Alberto Romero’ naceu como unha iniciativa da ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira no ano 2016, como homenaxe o traballo e dedicación social de Alberto Romero (1961-2015). A esta iniciativa sumáronse inmediatamente as ANPAs San Roque do IES Leliadoura e ANPA do CEIPP de Palmeira, así como a A.C. Lajareu por Barlovento, asociacións das que Alberto formou parte, entre outras.
Co apoio do Concello de Ribeira levouse a cabo a primeira edición deste certame na que participaron 19 traballos procedentes dos centros educativos do Concello de Ribeira. A entrega de premios celebrouse nunha gala con éxito rotundo e aforo completo no Auditorio de Ribeira no día 21 de xaneiro do 2017, onde de forma moi emotiva se presentou música, poesía, un monólogo e a proxección dos vídeos premiados.
Os traballos premiados da Primeira gala foron:
Categoría de 5º e 6º de Primaria – 1º e 2º de ESO:
Bágoas ocultas, 6ºA de educación primaria do CPR Galaxia.
Categoría Diversidade Funcional:
Conversor de emocións, Centro de día e ocupacional de AMICOS.
Categoría de 3º e 4º de ESO – Bacharelato):
Tres problemas, Alexandra Pena Bretal de 3ºESO do IES Nº1 de Ribeira.
Dado o éxito acadado e interese mostrado por toda a comunidade, na segunda edición do certame a organización decide expandir o certame á mancomunidade de Arousa Norte, ahora Barbanza Arousa, como unha iniciativa pioneira no marco educativo e cultural entre os catro concellos que a forman, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo.
Ca colaboración da mancomunidade, os catro concellos, e 16 ANPAs da Arousa Norte (Barbanza Arousa), a segunda edición do Certame recolleu 33 inscricións e culminou con unha Gala celebrada no Teatro Elma da Pobra do Caramiñal o 27 de Xaneiro do 2018.
Os traballos premiados da Segunda gala foron estes:
Categoría de 5º e 6º de Primaria – 1º e 2º de ESO:
Stop malos tratos (de alumnos do Salustiano Rey Eiras de A Pobra)
Categoría de 3º e 4º de ESO – Bacharelato):
Máis che vale non ser ti (de alumnos do IES A Cachada de Boiro)
Categoría Diversidade Funcional:
Agrios agarimos (de usuarios do CAD de A Pobra)
Categoría Libre:
Bágoas de Ouro (de Lois Basallo Domínguez de A Pobra)
A terceira edición do Certame Audiovisual de Curtas “Alberto Romero” consolida este certame como unha referencia no sector audiovisual na comunidade dos concellos de Arousa Norte (Barbanza Arousa). Este ano, co apoio crecente de 18 ANPAs, Lajareu por Barlovento, a Mancomunidade Arousa Norte e os seus catro concellos, a Deputación da Coruña, e empresas como Banco Santander, Congalsa, Chicolino, Caixabank, Trazos Arte Estudio e EraDixital, marcou outra exitosa expansión e aceptación donde participaron 41 traballos audiovisuales dos diferentes concellos e tamén de fora da Mancomunidade na categoría libre, xa que se abreu a toda Galicia por primeira vez, culminando ca Gala de entrega de premios no Auditorio da Cachada en Boiro o día 23 de Febreiro do 2019.
Os premiados desta Terceira edición foron:
Categoría de 5º e 6º de Primaria – 1º e 2º de ESO:
A Cadeira (do C.E.I.P. Ana Mª Diéguez e I.E.S. Félix Muriel de Rianxo)
Categoría de 3º e 4º de ESO – Bacharelato):
Tormenta Mental (do Colexio da Milagrosa de Oleiros de Ribeira)
Categoría Diversidade Funcional:
Pedras (de usuarios/as do CAD de A Pobra do Caramiñal)
Categoría Libre:
4 minutos (de Fernando Yáñez, Nadia Somoza, Zaid Ouchykh de Ribeira)
A cuarta edición do Certame Audiovisual de Curtas “Alberto Romero” dalle continuidade a este certame e culmina o primeiro ciclo rotatorio da comunidade dos concellos de Arousa Norte (Barbanza Arousa) chegando o acto ata o Concello de Rianxo. Este ano, co apoio crecente de 19 ANPAs, Lajareu por Barlovento, a Mancomunidade Arousa Norte e os seus catro concellos, a Deputación da Coruña, e consolidando a colaboración de empresas como CaixaBank a través da "Fundación La Caixa", Congalsa, Chicolino, Bombón Chic, Trazos Arte Estudio e EraDixital, marcou outra exitosa edición donde participaron 34 traballos audiovisuales dos diferentes concellos e tamén de fora da Mancomunidade na categoría libre, xa que ésta está aberta a toda Galicia, culminando ca Gala de entrega de premios nun abarrotado Auditorio de Rianxo o día 29 de Febreiro do 2020. Este ano as categorías escolares foron modificadas para acoller tamén aos máis peques por demanda das propias ANPAs abarcando así todos os cursos de Primaria. Desta forma moitas iniciativas colaborativas de traballos en grupo, obradoiros audiovisuales, actividades de teatro, etc. deron o seu froito mostrando o valor do audiovisual nas aulas e na Educación en xeral.
Os premiados da Cuarta edición foron:
Categoría de Primaria:
O Monicreque (do C.E.P. Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal)
Categoría de Secundaria:
O Chosco de Bandaseca (do Salustiano Rey Eiras e do IES da Pobra do Caramiñal)
Categoría Diversidade Funcional:
No Sabemos lo que Bailamos (da Asociación Amicos de Boiro)
Categoría Libre:
As Costureiras (de Lois Basallo - Vou Films)
A GALA DA V EDICIÓN CELEBROUSE O SÁBADO DÍA 20 DE MARZO NO AUDITORIO DE RIBEIRA (SEN AFORO) ÁS 18:00 horas.
TRANSMITEUSE EN DIRECTO POLA TV CANAL BARBANZA, A NOSA WEB www.albertoromero.org, e FACEBOOK https://www.facebook.com/asociacionalbertoromero
DADAS AS CONDICIÓNS DE PANDEMIA NAS QUE VIVIMOS E A RESPONSABILIDADE SOCIAL E SANITARIA QUE TEMOS PARA EVITAR A SÚA POSIBLE PROPAGACIÓN, NESTA EDICIÓN GRABAMOS A GALA EN CONDICIÓNS SEGURAS PARA QUE TODAS E TODOS PUDESEMOS VELA POLA TV E POR AS NOSAS REDES. ESTE ANO CELEBROUSE SIN PÚBLICO. SOLO ESTIVERON PRESENTES OS NOMINADOS PARA RECOLLER OS PREMIOS, AUTORIDADES PARA ENTREGAR OS PREMIOS, ARTISTAS, E TÉCNICOS DA ORGANIZACIÓN DO EVENTO.
FOI UN ANO COMPLEXO NO QUE COMO NOVEDADES EXTENDEMOS POR PRIMEIRA VEZ A CATEGORÍA DE DIVERSIDADE FUNCIONAL A TODA GALICIA, E ADEMÁIS CHEGARONNOS INSCRICIÓNS DE SECUNDARIA NA CATEGORÍA LIBRE DESDE FORA DA COMARCA PORQUE A SÚA CATEGORÍA ESTABA LIMITADA PARA AS ESCOLAS DE BARBANZA AROUSA. POR ESTE MOTIVO TIVEMOS POR PRIMEIRA VEZ UN PREMIO MENCIÓN ESPECIAL PARA ESTES PARTICIPANTES. EN TOTAL ESTE ANO TIVEMOS 68 INSCRICIÓNS, O NÚMERO DE INSCRICIÓNS MÁIS ALTO DESDE QUE EMPEZAMOS ESTA ANDADURA.
As Curtas Premiadas da Quinta edición foron:
PRIMARIA: Como Cambia o Conto… do CEP PILAR MAESTÚ SIERRA da POBRA DO CARAMIÑAL
SECUNDARIA: Baixo a Tormenta do IES Número 1 de RIBEIRA
DIVERSIDADE: Un Día Cualquiera, Joder da APAMP de VIGO
MENCIÓN ESPECIAL: Sociedade, S.A. de Lara Boubeta de MOAÑA
CATEGORÍA LIBRE: Kleiner Lügner (Pequeno Mentireiro) de David Saborido de CAMBRE
A GALA DA VI EDICIÓN CELEBROUSE O SÁBADO DÍA 19 DE FEBREIRO NO TEATRO ELMA DA POBRA DO CARAMIÑAL (CON AFORO LIMITADO) ÁS 19:00 horas.
TRANSMITEUSE EN DIRECTO POLA TV CANAL BARBANZA, A NOSA WEB www.albertoromero.org, e FACEBOOK https://www.facebook.com/asociacionalbertoromero
FOI OUTRO ANO COMPLEXO CON CONTRATEMPOS AÑADIDOS DE ÚLTIMA HORA, COMO A SUSTITUCIÓN DA PRESENTADORA PROGRAMADA PERO QUE SE SOLVENTARON DE FORMA, NON SOLO SATISFACTORIA, SE NON ESPECTACULAR. DESTACAMOS UNHA APERTURA DA GALA EMOCIONANTE ABRINDO CO TEMA “TERRA” DAS TANXUGUEIRAS, UN EMOTIVO HOMENAXE A ROCÍO BETANZOS (DEP) QUE NOS DEIXOU ESTE ANO, DE FORMA INESPERADA, SENDO PRESIDENTA DA ANPA CADRECHE DA POBRA. UNHA BANDA DE MÚSICA INMENSA DURANTE TODA A GALA E UNHA INTERPRETACIÓN TEATRAL XENIAL CON MOITAS RISAS POLO GRUPO PAXARADAS. AS CURTAS PREMIADAS NON DEFRAUDARON O MÁIS MÍNIMO E ESTIVERON A ALTURA DE OUTRAS EDICIÓNS EN UN ANO MOI DIFÍCIL PARA TOD@S. UNHA APARICIÓN ESPECIAL DE ÚLTIMA HORA POR PARTE DO PREMIADO NA CATEGORÍA LIBRE DO ANO PASADO, DAVID SABORIDO, PARA COMPARTIR CON NÓS A EMOCIÓN E EXPERIENCIA VIVIDA AO SER MEMBRO DUN EQUIPO AGRACIADO CON UN GOYA A SEMANA ANTERIOR. EN RESUMEN, OUTRA GALA EXITOSA CHEA DE NOVEDADES E SORPRESAS.
As Curtas Premiadas da Sexta edición foron:
PRIMARIA: “NEGRA SOMBRA DE EXCLUSIÓN” do CEP PILAR MAESTÚ SIERRA da POBRA DO CARAMIÑAL
SECUNDARIA: “A LENDA DO BOI BRUÓN” do taller de teatro “OS BANDAMUECA” da POBRA DO CARAMIÑAL
DIVERSIDADE: “SOMOS IGUAIS OU SOMOS DIFERENTES?” da ASOCIACIÓN AMICOS de BOIRO
CATEGORÍA LIBRE: “III MARÍAS” de ANDREA BOUZO (A CORUÑA) – RumiacCión Films
A GALA DA VII EDICIÓN CELEBROUSE O SÁBADO DÍA 22 DE ABRIL do 2023 NO AUDITORIO DA CASA DA CULTURA DA CACHADA EN BOIRO ÁS 19:00 horas.
TRANSMITEUSE EN DIRECTO POLA TV CANAL BARBANZA, A NOSA WEB www.albertoromero.org, e FACEBOOK https://www.facebook.com/asociacionalbertoromero
ESTE ANO TIVEMOS MOITAS NOVEDADES. RECUPERAMOS O AFORO COMPLETO DESPOIS DAS RESTRICCIÓNS DA COVID. EMILIO PALMEIRA DESPIDEUSE COMO PRESENTADOR ABRINDO O ACTO DE FORMA EMOCIONANTE CON UN TEMA PROPIO A MODO DESPEDIDA DANDOLLE PASO AS PRESENTADORAS LOIDA E KIKA FERNÁNDEZ QUE ESTIVERON MARAVILLOSAS E ADEMÁIS DELEITÁRONNOS CON UNHA INTERPRETACIÓN TEATRAL XENIAL CHEA DE RISAS E VARIOS CAMBIOS DE VESTIARIO. UNHA BANDA DE MÚSICA INMENSA DURANTE TODA A GALA, COMO SEMPRE, CA ACTUACIÓN ESTELAR DE TANIA FUEGHO COMO INVITADA ESPECIAL. AS CURTAS PREMIADAS NON DEFRAUDARON O MÁIS MÍNIMO E ESTIVERON A ALTURA DE OUTRAS EDICIÓNS. ESTE ANO OTORGÁRONSE 5 PREMIOS XA QUE ESTREAMOS A NOVA CATEGORÍA DE BARBANZA AROUSA QUE ESTE ANO SE CENTROU NA TEMÁTICA DO NOSO CAMIÑO SE SANTIAGO "A ORIXE". O DIRECTOR DE "MATRIA" ÁLVARO GAGO FOI O NOSO INVITADO ESPECIAL PARA DEDICAR UNHAS PALABRAS DE ÁNIMO A TOD@S @S PARTICIPANTES E ADMIRACIÓN POLA NOSA INICIATIVA E CERTAME. PARA TERMINAR CON PALABRAS DO ALCALDE DE BOIRO E PRESIDENTE DA MANCOMUNIDADE, E VOLVERON OS PINCHOS DESPOIS DA GALA. EN RESUMEN, OUTRA GALA EXITOSA CHEA DE NOVEDADES E SORPRESAS.
As Curtas Premiadas da Séptima edición foron:
PRIMARIA: “A RAPAZA DE PLÁSTICO” de Gargallada Teatro do Salustiano Rey Eiras de A POBRA DO CARAMIÑAL
SECUNDARIA: “COMA” de Lucía Sánchez Varela e Alejandra Santiago Rodríguez do IES Espiñeira de BOIRO
DIVERSIDADE: “A SEREA MARIÑA” da ASOCIACIÓN AMBAR de RIBEIRA
BARBANZA AROUSA: "ENCONTROS NO CAMIÑO" de Bandamueca Teatro de A POBRA DO CARAMIÑAL e RIBEIRA
CATEGORÍA LIBRE: “A ENTREVISTA” de Fernando Tato e Susana Sampedro (FERROL E RIBEIRA) – Kraken Films
A GALA DA VIII EDICIÓN CELEBROUSE O SÁBADO DÍA 20 DE ABRIL NO AUDITORIO DE RIANXO ÁS 19:00 horas.
TRANSMITEUSE EN DIRECTO POLA TV CANAL BARBANZA, A NOSA WEB www.albertoromero.org, e FACEBOOK https://www.facebook.com/asociacionalbertoromero
FOI UNHA GALA COMPLETA, ESTRENAMOS PARELLA DE PRESENTADORAS QUE RESULTARON EN EXITAZO. DESTACAMOS A LABOR DAS PRESENTADORAS E DA NOSA BANDA COMO SEMPRE, UNHA INTERPRETACIÓN XENIAL CON MOITAS RISAS POLO GRUPO DE TEATRO AIRIÑOS, MÚSICA TRADICIONAL GALEGA CON BRUMEIGHO FOLK, E AS PALABRAS DE SONIA MÉNDEZ QUE ESTRENA A SUA PELICULA “AS NEVES” NO MES DE MAIO. AS CURTAS PREMIADAS NON DEFRAUDARON O MÁIS MÍNIMO E ESTIVERON A ALTURA DE OUTRAS EDICIÓNS.
As Curtas Premiadas da Octava edición en cada unha das categorías foron:
PRIMARIA: “FORMIGAS DE EMOCIÓNS” do CEP PILAR MAESTÚ SIERRA da POBRA DO CARAMIÑAL
SECUNDARIA: “INMÓBIL” de Lucia Sánchez e Alejandra Santiago do IES Espiñeira de BOIRO
DIVERSIDADE: “ELAS CORREN” da ASOCIACIÓN AMBAR de RIBEIRA
BARBANZA AROUSA: “O CASTING” de Gargallada Teatro e MiMarte Teatro da ANPA BANDASEDCA da POBRA
CATEGORÍA LIBRE: “RENACUAJOS” de ISABEL ROSÓ (Aragón) – YAQ Distribución (Lugo)
A TODOS OS NOSOS PATROCINADORES E COLABORADORES, INSTITUCIÓNS, EMPRESAS E ANPAS QUE FIXERON TODO ESTO POSIBLE MANDÁMOSLLE O MAIS SINCERO AGRADECEMENTO POLA SÚA COLABORACIÓN. PARA O ANO VOLVEREMOS CON MÁIS E MELLOR. VÉMONOS EN RIBEIRA.
GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN E APOIO.
SAÚDOS
ASOCIACIÓN CULTURAL ALBERTO ROMERO
Organiza: Asociación Cultural Alberto Romero