COMUNICAMOS OS RESULTADOS DA CELEBRACIÓN DA GALA E ENTREGA DE PREMIOS DO VIII CERTAME DE CURTAS ALBERTO ROMERO.
A GALA CELEBROUSE O SÁBADO DÍA 20 DE ABRIL NO AUDITORIO DE RIANXO ÁS 19:00 horas.
TRANSMITEUSE EN DIRECTO POLA TV CANAL BARBANZA, A NOSA WEB www.albertoromero.org, e FACEBOOK https://www.facebook.com/asociacionalbertoromero
FOI UNHA GALA COMPLETA, ESTRENAMOS PARELLA DE PRESENTADORAS QUE RESULTARON EN EXITAZO. DESTACAMOS A LABOR DAS PRESENTADORAS E DA NOSA BANDA COMO SEMPRE, UNHA INTERPRETACIÓN XENIAL CON MOITAS RISAS POLO GRUPO DE TEATRO AIRIÑOS, MÚSICA TRADICIONAL GALEGA CON BRUMEIGHO FOLK, E AS PALABRAS DE SONIA MÉNDEZ QUE ESTRENA A SUA PELICULA “AS NEVES” NO MES DE MAIO. AS CURTAS PREMIADAS NON DEFRAUDARON O MÁIS MÍNIMO E ESTIVERON A ALTURA DE OUTRAS EDICIÓNS.
RESULTADOS
As Curtas Premiadas en cada unha das categorías foron:
PRIMARIA: “FORMIGAS DE EMOCIÓNS” do CEP PILAR MAESTÚ SIERRA da POBRA DO CARAMIÑAL
SECUNDARIA: “INMÓBIL” de Lucia Sánchez e Alejandra Santiago do IES Espiñeira de BOIRO
DIVERSIDADE: “ELAS CORREN” da ASOCIACIÓN AMBAR de RIBEIRA
BARBANZA AROUSA: “O CASTING” de Gargallada Teatro e MiMarte Teatro da ANPA BANDASEDCA da POBRA
CATEGORÍA LIBRE: “RENACUAJOS” de ISABEL ROSÓ (Aragón) – YAQ Distribución (Lugo)
A TODOS OS NOSOS PATROCINADORES E COLABORADORES, INSTITUCIÓNS, EMPRESAS E ANPAS QUE FIXERON TODO ESTO POSIBLE MANDÁMOSLLE O MAIS SINCERO AGRADECEMENTO POLA SÚA COLABORACIÓN. PARA O ANO VOLVEREMOS MÁIS FORTES E CON MÁIS GANAS.
GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN E APOIO.
SAÚDOS
ASOCIACIÓN CULTURAL ALBERTO ROMERO