Inscricións e bases


BASES DO VII CERTAME AUDIOVISUAL DE CURTAS “ALBERTO ROMERO” (2022-2023)

(Inscricións pechadas para a VII Edición) 

Inscricións pechadas. Último día foi o 28 de Febreiro. 

 

 

          Correo electrónico de contacto: info@albertoromero.org

 

CATEGORÍAS DE PRIMARIA E SECUNDARIA PARA CENTROS EDUCATIVOS DA MANCOMUNIDADE BARBANZA AROUSA, CATEGORÍA DE DIVERSIDADE FUNCIONAL ABERTA A TODA GALICIA, E CATEGORÍA LIBRE ABERTA A TODA GALICIA OU OBRAS EN GALEGO NO EXTERIOR. ESTE ANO PRESENTAMOS TAMÉN A CATEGORÍA ESPECIAL “BARBANZA AROUSA” ABERTA A TODOS OS PÚBLICOS E A TODA GALICIA.

                  
    

 

 

1. Poderán participar e optar aos premios escolares calquera estudante ou grupo de estudantes de todos os centros de primaria (cursos 1º a 6º), secundaria (ESO) e bacharelato (ou equivalente) dos concellos da mancomunidade Barbanza Arousa. Tamén poden participar na súa categoría os usuarios/as de centros e asociacións de diversidade funcional de toda Galicia. A categoría libre está aberta tamén a toda Galicia para todas aquelas persoas ou grupos de persoas que desexen participar e non entren en ningunha das categorías anteriores (estudantes ou non). Nesta categoría tamén se aceptan traballos de fora de Galicia sempre e cando a obra sexa en galego ou estea subtitulada en galego. Cada participante, grupo ou centro poderá inscribir tantos traballos como desexe. Como novedade, este ano presentamos ademáis unha categoría especial nomeada “Barbanza Arousa”, aberta a todos os públicos e a toda Galicia.

2. Os traballos de carácter individual ou colectivo deberán axustarse ao formato de vídeo edición dunha curtametraxe de ficción ou dun documental que preferentemente non superen os 5 minutos de duración, e en ningún caso os 10 minutos. Os traballos deberán ser entregados preferentemente a través de Youtube ou Vimeo, enviando os datos de inscrición e ligazón do vídeo a través do formulario web en albertoromero.org. Poderanse inscribir de forma pública ou oculta pero a Organización do Certame deberá ter acceso a eles.

3. A temática será completamente libre (salvo na categoría “Barbanza Arousa”) e os vídeos deberán ser orixinais. Non se admitirán vídeos que teñan un claro contido sexista, racista, ou calquera outra manifestación de discriminación. Recoméndase que os contidos sexan aptos para todos os públicos.

4. A categoría “Barbanza Arousa” pódese definir como unha categoría territorial co obxecto de poñer en valor o territorio e difundir os recursos turísticos entre residentes e visitantes con unha temática que irá variando a través dos anos. Este ano establécese que a temática sexa o “Camiño de Santiago A Orixe”, estará relacionada co Camiño de Santiago do Barbanza, o camiño que percorre a nosa comarca partindo do Faro de Corrubedo e discorre polos nosos concellos ata chegar a Iria Flavia, onde encontra co Camiño Portugués para acabar aos pés da Catedral. A idea é que as curtas poñan en valor este trazado pola nosa comarca, onde a esceneografía e o relato sean basadas nas nosas paixases, cultura, costumes, vida pasada e presente da nosa zona e as nosas xentes. Para máis información do Camiño de Santiago do Barbanza ver https://barbanzarousa.gal

5. Os traballos deberán ser propiedade dos autores/as. Se fan uso de recursos con dereitos de autor a responsabilidade de uso recaerá sobre os creadores do vídeo. Aínda que os dereitos do material entregado pertencerán sempre aos autores, coa aceptación das bases autorizase a difusión dos traballos por parte da organización do certame, así como o uso dos datos e imaxes dos participantes. En especial, os vídeos da categoría “Barbanza Arousa” poderán ser reutilizados e difundidos pola Asociación e a Mancomunidade para fins promocionais do noso territorio.

6. Valorarase especialmente a capacidade do vídeo para conectar co público, así como a súa complexidade, orixinalidade e o seu valor estético. Tamén se valorará a contribución dos traballos á normalización do uso da lingua galega, así como a súa capacidade de espertar o espírito crítico fronte á sociedade na que vivimos.

7. Os vídeos deberán entregarse (inscribirse) entre as datas do 01 de outubro 2022 e 28 de febreiro 2023. A entrega de cada curta debe ir acompañada de todos os datos requiridos nos formularios de inscrición (dispoñibles na web albertoromero.org
unha vez aberta a convocatoria). A ligazón do vídeo debe ser válida como mínimo ata o 31 de maio de 2023, e debe ser unha produción de 2021, 2022 ou 2023.

8. Os vídeos finalistas participarán na séptima edición do certame audiovisual de curtas “Alberto Romero” optando aos seguintes premios:

a. Premio dotado con 300 € para estudantes de Primaria (1º a 6º).

b. Premio dotado con 300 € para estudantes da ESO e Bacharelato (ou equivalentes).

c. Premio dotado con 300 € para centros de Diversidade Funcional aberta a toda Galicia.

d. Premio dotado con 600 € para categoría Libre aberta a toda Galicia.

e. Premio dotado con 300 € para categoría “Barbanza Arousa” aberta a toda Galicia.

9. Os premios poderán quedar desertos se ningún dos vídeos participantes reúne un mínimo de calidade, a discreción do xurado. O xurado estará composto por representantes das ANPAs, colaboradores e profesionais do sector audiovisual.

10. Nas tres primeiras categorías é necesario que as rapazas e os rapaces formen parte da obra, participen na súa produción, interpretación, etc. O profesorado pode axudar e orientar nestas producións, pero non levala a cabo na súa integridade. Para iso teñen a categoría Libre ou “Barbanza Arousa”.

11. A entrega de premios terá lugar nunha gala de presentación que se celebrará no mes de Abril de 2023, dependendo das condicións nas que nos encontremos, e poderá ter acceso limitado. Nas semanas previas á gala comunicarémonos cos participantes dos vídeos nomeados.

12. As persoas menores de idade participarán no Certame baixo a responsabilidade do seu titor/a legal e terán que vir acompañadas á Gala dun adulto responsable.

13. Toda a información estará dispoñible na páxina web: albertoromero.org.

14. Os datos de carácter persoal serán tratados dacordo co vixente Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD).

Organizado por: Asociación Cultural Alberto Romero. En colaboración cas ANPAs e a Mancomunidade de Barbanza Arousa.