10º Certame


RESULTADO DA CELEBRACIÓN DA GALA E ENTREGA DE PREMIOS DO X CERTAME DE CURTAS ALBERTO ROMERO.

A GALA CELEBROUSE O SÁBADO DÍA 25 DE ABRIL NO TEATRO CINE ELMA DA POBRA DO CARAMIÑAL ÁS 19:00 horas. TRANSMITEUSE EN DIRECTO POLA TV CANAL BARBANZA, A NOSA WEB www.albertoromero.org, e o noso FACEBOOK https://www.facebook.com/asociacionalbertoromero a través da plataforma de YOUTUBE.

Destacamos este ano que foi a Décima Edición do Certame, que ademáis coincidía no 25 de abril, cumpleanos de Alberto Romero, que tería 65 anos nesta data. Polo tanto decidimos adicarlle composicións musicales adaptadas pola nosa banda habitual de poesías de 4 poetas galegos e unha última de García Lorca, tamén en galego. A nosa banda composta polas artistas Thais Suki, Helena Figueiras, José Andrés Mariño, Juan ciego e Daniel Martís. Invitado especial José Piñeiro (alias NEBRA) na Zanfona. O noso querido Mago Iván Quintáns, colaborador habitual, saleu a escena para facer un truco de Maxía que foi todo un éxito ca rapazada máis nova que interactuou subindo ao escenario.  Outra sorpresa da noite foi a entrega de un premio especial pola súa Labor Cultural ao expresidente da Asociación Santi García.  Para rematar Gemma do Carmo foi a cineasta/actriz invitada na sua casa da Pobra do Caramiñal, que tamén estaba de cumple e así llo fixo saber o público cantándolle un cumpleanos feliz. Gala moi emotiva e moi divertida que terminou ca rapazada e as autoridades dos diferentes concellos bailando o último tema no escenario para pechar a Gala. 

 

RESULTADOS

Este ano tivemos un total de 43 inscricións no Certame. Os resultados finales quedaron así:

As Curtas Premiadas en cada unha das categorías nesta X Edición foron:

PRIMARIA: “NOS TEUS ZAPATOS” de Gargallada Teatro da Anpa Bandaseca da POBRA DO CARAMIÑAL
SECUNDARIA: “VIDA”  de Lucía Sánchez Varela e Alejandra Santiago do IES Espiñeira de BOIRO
DIVERSIDADE: “SOMOS PERSONAS” da Asociación AMICOS de Boiro

BARBANZA AROUSA: “A MEIGA” de Noa Caamaño, Alexia Fernández e María Fernández de RIBEIRA
CATEGORÍA LIBRE: “BOCA DE ASNO” de Carlos Calvar de PONTEVEDRA

 

A TODOS OS NOSOS PATROCINADORES E COLABORADORES, INSTITUCIÓNS, EMPRESAS E ANPAS QUE FIXERON TODO ESTO POSIBLE MANDÁMOSLLE O MAIS SINCERO AGRADECEMENTO POLA SÚA COLABORACIÓN.

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN E APOIO.

SAÚDOS

ASOCIACIÓN CULTURAL ALBERTO ROMERO